Aprobada por unanimidade a proposta de En Marea para acometer de xeito urxente as obras de dragado do Porto Chico en Foz

  • Na súa intervención salientou que o Porto Chico, ademais da dragaxe, precisa un cambio na súa configuración.

A deputada de , Paula Vázquez Verao, presentou en comisión unha iniciativa na que se pedía á de acometer de xeito urxente as obras de dragado do Porto Chico en , petición que foi aprobada por unanimidade por todos os grupos da Cámara galega. Na iniciativa sinalábase ademais a necesidade de presentar un proxecto, acompañado de datas concretas e partidas orzamentarias, para acometer melloras integrais de calado e abrigo nesta infraestrutura portuaria.

Na súa intervención Paula Vázquez Verao salientou que o Porto Chico, ademais da dragaxe, precisa un cambio na súa configuración, para mellorar as condicións de abrigo e de seguridade. A realidade do Porto Chico, ou peirao de Tupide, en Foz, que sirve de porto deportivo, orixina múltiples prexuízos, pois as embarcacións instaladas no mesmo, que pagan as correspondentes taxas polo atraque, sofren estragos durante os temporais, optando mesmo por subir a terra as lanchas ou trasladalas ao porto pesqueiro como denunciou a deputada de En Marea.

En 2016, a Xunta foi interpelada polas previsións para dragar o peirao de Tupide e a resposta foi que non tiñan intención de facelo porque ningún colectivo o solicitara. Pois ben, a Asociación A Ribeira de Foz si solicitou estas melloras e mesmo ten presentado ante a Consellería do Mar unha proposta de actuacións de mellora do Porto Chico, consistente en modificar o espigón, de xeito que, ademais, melloraría a seguridade da praia de Tupide, pois actualmente as embarcacións acceden ao porto por diante da praia, con situacións de perigo para bañistas.

O dragado está en marcha como explicou Paula Vázquez Verao pero falta cumprir o compromiso da Consellería do Mar con respecto a facer os estudos necesarios para acometer melloras integrais como pedía o grupo de En Marea a través desta iniciativa. Ademais, o grupo interesouse por se a Xunta ten prevista a dotación dalgunha praza de amarre máis nos portos de Foz neste ano 2018, a maiores das 40 previstas.

Deja un comentario