Decepciónante e inútil reunión. Así cualifica André Abeledo a xuntanza con Santiago Font conselleiro delegado de POLIGAL . “Foi como falar cunha parede”.

Abeledo entende que Santiago Font viña a comunicar a decisión do Grupo Empresarial de pechar a súa planta en , e non tiña o menor interese en buscar alternativas ou artellar solucións para evitar o peche.

Ademais Abeledo afeoulle a Font a oferta de recolocar a uns 20 traballadores para “aproveitar” a súa gran experiencia, é algo case insultante, é recoñecer a valía dos traballadores e pretender que teñan que emigrar para seguir traballando en Polonia ou Portugal.

André Abeledo indicoulle aos representantes da empresa, que o único que sacaba en limpo da posición do grupo empresarial é que recoñecen o brutal impacto que para unha comarca tan castigada como Ferrolterra ten este feche, que son conscientes do drama que supón para máis de cen familias este feche, que saben que van a botar a rúa a traballadores cunha idade media de entre 45 e 50 anos, e que a pesar de todo pretenden seguir adiante co feche.

Abeledo insistiu na deslocalización encuberta ao pechar a planta en Narón, “vostedes deixan de ter plantas no estado español con esta decisión, é unha decisión ata antipatriótica”.

Abeledo advertiu que “non imos a agardar ao concurso de acredores, nin a decisións xudiciais para dar resposta a esta decisión medida en termos económicos e non humanos”.

“Vostedes nos empuxan a unha longa loita político social. Que vai ser mala para todos, e tamén pasará factura ao seu grupo empresarial”.