Amigos da Terra continúa con novas accións de voluntariado forestal nos montes queimados de Tourón

en colaboración co grupo local Vergasta e a MVMC e O continua coas accións de rexeneración das zonas afectadas polos incendios forestais no comunal de Tourón (Melón) que están levando a cabo dende o outono do ano pasado. Durante as semanas pasadas estiveron convivindo no mesmo dous grupos Scouts, AEIG Rudyard Kipling e AEIG Itaca, procedentes de Barcelona con máis de 40 rapaces e rapazas entre 14 e 17 anos. Agora acaban de incorporarse un novo grupo de Scouts AEIG Maspons i Anglasell  procedentes de Cataluña que estarán nos montes de Tourón (Melón) dende o 25 de xullo ata o 1 de agosto.

Os traballos que se van a levarán a cabo nesta ultima semana de xullo serán a eliminación de vexetación que compita cas árbores frondosas autóctonas plantadas nos anteriores meses, preparación para a rega das mesmas en época de seca, erradicación de plantas invasoras como mimosas ou eucaliptos, eliminación de material vexetal queimado, elaboración de bombas de sementes de gramíneas para contribuír a rexenerar os solos nus, entre outras.

Con estas actuacións, ademais da recuperación de zonas forestais arrasadas polos lumes, búscase a sensibilización e mobilización social que impulse os cambios nas políticas forestais necesarios para evitar que no futuro o risco e o alcance dos incendios forestais segan sendo un problema perpetuo no noso país.

Os traballos levaranse a cabo polas mañás de luns a sábado entre as 10.00 e as 13:00 h aproximadamente.

Deja un comentario