Daniel Seixo


Cando desaparecese a subordinación esclavizadora, dos individuos á división do trabalho, e con ela, a oposición entre o trabalho intelectual e o trabalho manual; cando o trabalho non sexa soamente un medio de vida, senón a primeira necesidade vital; cando, co desenvolvemento dos individuos en todos os seus aspectos, crezan tamén as forzas produtivas e corran a barulho os mananciais da riqueza colectiva, só entón poderá pasarse totalmente o estreito horizonte do dereito burgués, e a sociedade poderá escribir nas súas bandeiras: De cada cal, segundo as súas capacidades; a cada cal, segundo as súas necesidades!

Karl Marx


Á fin e ao cabo, somos o que facemos para cambiar o que somos.Eduardo GaleanoCando chego a casa tómome unhas pílulas para durmir e ó redor do que a min me pareceu que fora media hora de inconsciencia volve ser luns pola manhá.

Irvine Wels

Hai uns días atopábame repasando velhos libros no fogar, cando por casualidade nun deles atopeime cun apartado acerca da semana proamnistía de maio de 1977. Nese momento pasáronseme varias cousas pola cabeza, a primeira que non facía tanto que comezamos a saír dunha ditadura fascista que durara case corenta anos. A segunda que realmente nunca chegamos a ver do todo a luz ó final dese túnel que foi o franquismo para o estado españ¡nhol. E por último, que a pesar de todos os dereitos adquiridos pola nosa clase social, grazas ás xeracións que aquel maio se manifestaron e as que lhes precederon na loita obreira, estamos a permitir sen mover un dedo, que unha nova reacción liberal-conservadora nos arrebate todo polos que tantos outros deron a vida e o melhor deles mesmos.

Cadro de Giuseppe Pellizza da Volpedo

Non nos equivoquemos, hoxe a situación da clase trabalhadora no noso país corre serio risco. Á crecente precariedade laboral, a ameaza do paro e o continuo recorte de prestacións sociais, debémoslhe sumar unha recente ofensiva total e absoluta contra a liberdade de expresión, manifestación e información da clase obreira. As leis mordaza, o uso do poder xudicial para perseguir e encarcerar a sindicalistas, xornalistas independentes e militantes políticas da esquerda revolucionaria ou a clara e continuada manipulación e intoxicación informativa nos medios xeneralistas, forman parte dunha estratexia claramente premeditada para aparvar, amedrentar e finalmente conseguir alienar a unha clase social que hoxe xa mesmo se desconhece a si mesma inmersa de cheo nun sistema demasiado caótico e agresivo como para chegar a comprendelo totalmente.

Non é que a xeración do inmediato postfranquismo en Espanha tivese máis motivos, unidade ou decisión á hora de saír á rúa, senón que si tinhan claro que había que cambiar o sistema. Caduca na súa propia cama, a ditadura abandonara a súa aparente naturalidade dentro do estado espanhol, polo que os seus cidadáns pactaron con certa naturalidade unha serie de reivindicacións básicas que resultaban innegociables para eles. Hoxe, cá herdanza da transición claramente agonizante e un modelo territorial que non admite xa nin por un segundo máis a estratexia do patadón histórico para adiante, cada vez son máis os espanhois que comezan a albiscar a peregrina idea de que isto non se salva con máis maquilhaxe política e circos parlamentarios con máis palhasos que animais políticos nas súas filas.

O que falha en Espanha non son só as xanelas, nin o marco da porta ou a entrada ao garaxe, senón os cimentos. Esta aparente casa de todos que se supón é o estado xurdido tras a ditadura, naceu supeditado e arbitrado por aqueles que tinhan un pé no búnker: as familias próximas ao ditador, os altos cargos militares, o gran empresariado, ese círculo corrupto sen o que o franquismo nunca sobrevivise e por suposto a igrexa.

O que se asinou foi unha rendición, perdemos a guerra e perdemos tamén claramente a transición. Aceptamos un modelo de estado caduco, corrupto, explotador e claramente predemocrático a cambio da seguridade de non volver á ditadura ou á guerra. Tras iso, inmediatamente nos autoconvencemos de que o relato da transición que os vencedores nos repetían era verdade, mesmo fanfarronamos do mesmo. Do mesmo xeito que unha xeración de europeos agradecen a día de hoxe a Estados Unidos que os liberase do nazismo, os espanhois pasáronse a última década crendo firmemente en que Franco non tinha razón cando dixo deixar todo atado e ben atado.

Poida que en parte por iso, hoxe as nosas loitas non identifican facilmente o marco ó que se enfrontan. Non se trata de que a xente permaneza en calma ou exista unha relativa paz social, senón de que o conxunto social atópase demasiado aparvado como para lograr focalizar a súa rabia, a súa ira. No último ano vimos saír ás rúas a numerosos planteis de trabalhadores para loitar contra os cada vez máis habituais expediente de regulación de emprego ( ERE), ós pensionistas, ó feminismo, ó independentismo…, vimos como diferentes colectivos reclamaban os seus dereitos mentres os políticos e gran parte dos sindicatos unicamente sacaban a pactada foto, apoiaban a causa entre manidas declaracións e retirábanse. Non existiu nin un triste intento por organizar unha fronte de resistencia contra o réxime que nos goberna exceptuando o chamado procés catalán e casualidades da vida, a reacción independentista en Catalunya foi o único que logrou axuntar na súa contra a reacción unánime de partidos parlamentarios e medios de comunicación de toda índole no Estado Espanhol. Ó meu parecer demostrando claramente con iso que o único que desestabiliza profundamente e fai reaccionar á clase dirixente de Espanha, é unha reacción social organizada que busque o cambio total de réxime, un proceso constituínte. Unha nova Utopía rupturista.

Non podemos continuar comportándonos como unha xeración con medo a loitar por un cambio, un mascarada social bailando ao ritmo do capitalismo máis salvaxe á espera de que a música cese definitivamente nos nosos barrios para enfrontarnos improvisadamente á desmedida distopía que hoxe xa presente negámonos a ver.

Resulta necesario crear un proceso de reflexión política e social máis aló das pautas electoralistas. Unha alternativa de estado máis xusta, máis democrática e máis social. O #15 M e a súa vertente política sonhaba con asaltar o ceo, pois ben, ante a clara ameaza ós nosos dereitos máis básicos, resulta necesario baixar dunha vez das nubes para desde unha actitude de mobilización política reflexiva e revolucionaria, encarar un proceso constituínte capaz de cambiar as cousas. Un proceso que implique a partidos, sindicatos, asociacións e movementos sociais de todo tipo. Unha gran Fronte Ampla, no sentido latinoamericano, que logre axuntar todas as nosas loitas nun esforzo común para cambiar o que realmente nos oprime: o claro avance da lóxica do sistema neoliberal europeo ó que o estado espanhol se entregou.