ACE expón as necesidades sanitarias do Morrazo

A Alternativa Canguesa de Esquerdas expón a precariedade do Morrazo na parcela sanitaria e propón cambios para cambiar a situación.

A proposta céntrase en varios puntos concretos:

  • Rexeitar o traslado do Centro de Saúde de Cangas, evitando a súa deslocalización.
  • Esixir a revisión do documento do convenio, reclamando que o mesmo debe ir inescusablemente vencellado á implantación de especialidades, a desenvolver por médicos especialistas, unido ós equipos e servizos.
  • Previsión e definición no PXOM dos equipamentos público-sanitarios acordes coas reivindicacións expostas nos puntos anteriores.
  • Reclamar da Consellería de que a actuación debe ter carácter supramunicipal, incluíndo necesariamente a Bueu, tanto por ser unha obriga socio-sanitaria como económica, deixando claro que Cangas atenderá a aportación de terreos sempre e cando se acometa neles un auténtico CAR ou CIS, e non a estafa e o fraude de pretender vender que en 1400 m2 se poida levar a cabo tal infraestrutura.
  • Iniciar de inmediato os pasos necesarios para que os concellos de Bueu, Cangas e Moaña se comprometan a promover unha campala de sensibilización e mobilización social para acadar os obxectivos sanitarios que toda a cidadanía do Morrazo debe compartir.

Demanda e concreción: consultas de especialidades relativas ao CIS.

Este anexo está baseado en datos compulsados na área do CHUVI (sur de Pontevedra). A pesar de ser números estatísticos os que determinan a orde que abaixo se indica, existen idiosincrasias, con respecto a estas mesmas especialidades, dependendo da época do ano e da localidade.

En primeiro lugar, resáltase que o aparecemento da especialidade de MEDICINA INTERNA, actúa como un cinto de seguridade do persoal médico de atención primaria, para os casos no que non teñen de todo esclarecido o destino a dar á persoa doente.

A lista de especialistas sería a seguinte:

  • Medicina Interna
  • Xinecoloxía e Obstetricia
  • Aparato Dixestivo
  • Traumatoloxía
  • Cardioloxía
  • Uroloxía
  • Nefroloxía
  • Neumoloxía
  • Oftalmoloxía
  • Cirurxía
  • Dermatoloxía
  • Otorrinolaringoloxía
  • Endocrinoloxía
  • Reumatoloxía

Estas especialidades están intimamente ligadas a outros servizos, que son considerados indispensables, pois sempre deberan estar integrados nos servizos básicos dos centro de saúde normais como son:

  • Fisioterapia
  • Servizo de Radioloxía
  • Ximnasio de recuperación física
  • Ximnasio de recuperación cardiolóxica
  • Odontoloxía (completa)
  • Análises clínicos normais
  • Salas de recobro
  • Pediatría
  • Medicina de Atención primaria
  • Psicoloxía
  • Psiquiatría
  • Enfermería xeral
  • Servizos sociais
  • Gabinete radiolóxico permanente
  • Servizo de ecografía normal e mamaria

A parte destes servizos, non se pode esquecer a especialidade de pediatría, cunha instancia do servizo de 24 horas, o servizo de psiquiatría, un ou unha psicóloga e naturalmente, en función do número de tarxetas emitidas, o número de asistentes sociais necesarias.

Deja un comentario