André Abeledo apoia todas as achegas que o presidente do Comité de Empresa de Urbaser S.A. na súa actividade de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza pública viaria do concello de ( actual concesionaria do servizo ),  fixo chegar ao Equipo de Goberno mediante un escrito rexistrado o 8   de xaneiro de 2019. Escrito onde os representantes dos traballadores fan unha serie de propostas relativas ao expedinte de contratación do servizo.

Abeledo tamén esixe que o Concello de resposta por escrito aos representantes dos traballadores, posto que a día de hoxe aínda non o fixo. Xa que son as traballadoras e traballadores e os seus representantes sindicais os que mellor coñecen o seu traballo e as súas necesidades.

Parte das achegas do Comité de empresa son as seguintes:

No artigo 9  do prego de cláusulas administrativas particulares que han de rexer a contratación da prestación dos servizos de recolleita de residuos urbanos e limpeza viaria no concello de Narón ( revisión de prezos ), establecese o seguinte :

 variación de los costes salariales pactados en el Convenio Colectivo del sector de saneamiento público, limpieza viaria, riegos, recogida, tratamiento y eliminación de residuos, limpieza y conservación de alcantarillado. Si dicha variación fuera superior al incremento experimentado por la retribución del personal al servicio del sector público conforme a las Leyes de Presupuestos Generales del Estado (PGE), se tomará este último índice como referencia. “.

A actualización de prezos tendo en conta os incrementos salariais do convenio estatal do sector, ou se é menor o incremento das retribucións do persoal ao servizo do sector público, tendo en conta o mesmo, pode supor un problema na negociación colectiva do convenio de centro de traballo vixente na empresa, pois estaría de facto, limitando os incrementos do mesmo, limitando así de xeito indirecto o dereito à negociación colectiva.

Polo tanto neste sentido entendemos sería mais correcto ter en conta os incrementos salariais pactados no convenio colectivo de centro de traballo aos efectos da revisión de prezos.

 

CUSTES DE PERSOAL.

En relación aos custes de persoal, os cálculos feitos para os mesmos deben incluír os custes das axeitacións das xornadas. Así mesmo, deben incluír os gastos derivados da cobertura de Its, vacacións, e calquera cobertura temporal de persoal.

 

CATEGORÍA PEÓN-CONDUTOR

No convenio colectivo non existe a categoría de Peón-Condutor, polo que non ten sentido a inclusión desas prazas nos pregos,  pois colisiona coa potestade da negociación colectiva para definir os grupos profesionais.

 

CATEGORÍA ENCARGADO

No convenio colectivo non figura esta categoría.