A deputada socialista Noela Blanco acusou hoxe ao goberno galego de ter pechada a piscina do Parque Tecnolóxico de dende hai tres anos por non acondicionar as instalacións. No debate dunha pregunta oral en Comisión, sinalou que o peche das instalacións, que se repetirá neste verán, obriga aos veciños e veciñas a utilizar as instalacións privadas xestionadas por en .

Blanco advertiu da “coincidencia” da apertura das instalacións moito máis caras de Eulen co peche das instalacións públicas titularidade do goberno galego, que dende hai 17 anos era aberta grazas a un convenio anual que permitía a apertura daquelas instalacións xestionadas a través da Deputación Provincial. Criticou esta “coincidencia feliz para a empresa privada pero lamentable para a economía familiar dos veciños e veciñas”.

A responsable socialista advertiu que o convenio non foi renovado dende o ano 2015, co que, ironizou, “as instalacións das piscinas e o campo de fútbol conforman un secarral, unha charca ou mesmo unha lagoa, en función da pluviometría”.

Blanco urxiu ao goberno galego a retomar o convenio coa Deputación de para poñer ao día as instalacións e permitir abrir de novo ao público unhas instalacións fundamentais para as persoas que viven no que se coñece como “o forno de Galicia” polas elevadas temperaturas que acada no verán.