“Europa tamén ten os seus problemas, provocados principalmente polo feito de que os países se uniron a fin de crear unha unión monetaria sen tomar as oportunas medidas políticas e institucionais para que esa unión funcionase, e van ter que pagar un elevado prezo por ese fracaso.”
Joseph Eugene Stiglitz

“Poderíame plantar no medio da Quinta Avenida e disparar á xente e non perdería votos.“
Donald Trump

“Esta é a forma pura de servidume: existir como instrumento, como cousa.“
Herbert Marcuse

“A primeira causa da servidume voluntaria é o costume.“
Étienne Da Boétie

Admítoo, un non pode reprimir certa atenazante sensación de indignación e vergonha ao contemplar á velha e decadente Europa atrevéndose de novo a dar leccións de moralidade e democracia a . Unha sensación que me invade ao pararme a pensar brevemente na complicidade da nosa comunidade económica –din que tamén política– con estados totalitarios como o israelí ou o saudita, o noso claro comportamento amoral na fronteira Sur ou nesa intensa cor do sangue iugoslavo e ucraíno aínda nas nosas mans.
Non nos enganemos, Europa é un sonho de unidade real recente e demasiado lixeiro tras séculos de receos e pesadelos bélicas continuas. No noso acervo común como poboo aínda non esquecemos aqueles pactos entre elites europeas que nos abocaron a masacre de obreiros que supuxo o desenvolvemento da Primeira Guerra Mundial, nin tampouco chegamos a superar completamente a complicidade de moitas burguesías, non poucos políticos e demasiados intelectuais, co pensamento do Nacionalsocialismo xa anunciado en Mein Kampf, pero que moitos decidiron abertamente ignorar ou mesmo consentir abertamente para dese modo intentar frear o imparable avance do movemento obreiro no Continente. Con iso, tal e como sinala Daniel Bernabe nun moi acertado tuit, os Thyssen, os Krupp, os Siemens, os Porsche e moitos outrosreamatarían dando pé á cruel e demoníaca empresa nazi de Auschwitz- Birkenau, Dachau, Mauthausen- Gusen, Sachsenhausen ou Varsovia. Recordos todos eles inmensamente dolorosos, que durante un breve momento da historia, pareceron dotarnos como europeos dun sentimento de responsabilidade cás decisións que tomaban a nivel político no noso planeta. Pero non era máis nada que outro sonho.
No final da tolemia da Segunda Guerra Mundial eliximos quedarnos coa versión de Hollywood, reflotamos os nosos bancos e de novo puxemos a funcionar ás nosas empresas, todo baixo a supervisión do Tío Sam, sempre por tanto baixo a atentada mirada do sistema capitalista. Da man de Estados Unidos decidimos desmemoriados que o noso inimigo era o Comunismo e borramos calquera tipo de agradecemento primeiro á URSS e logo a Rusia, un pobo que en Leningrado, Stalingrado, pero tamén en Praga ou en Berlin, dera o seu sangue para liberarnos do nazismo, esa besta que unha vez máis da man dunha crise capitalista hoxe comeza ha renacer lentamente en Europa.
E claro, tras esa decisión chegaron as consecuencias. Abrimos McDonald’ s e Pizza Hut en cada barrio, os alternativos do ácido como Steve Jobs puidéronse converter en ricos cidadáns estadounidenses mentres os trabalhadores europeos eran masivamente despedidos dos seus empregos e reprimidos nas rúas, para obrigalos a hipotecarse por un sistema que lhes prometía chegar a adquirir unha mazá mordida nos seus computadores. Á vez que sucedía todo isto, a nosa política exterior común como europeos, pasaba rapidamente á vasalaxe total e absoluta ós intereses xeopolíticos do executivo de quenda en Estados Unidos. Daba igual se se trataba de Clinton bombardeando Iugoslavia ou se era Obama o que incendiaba Ucraína, o importante para Europa sempre foi afastarse da posición rusa, o suposto mal orixinal dos nosos problemas como sociedade. Pero tamén da Cuba de Fidel, esa ameaza médica para o mundo, a China comunista, a Corea atómica ou a tenebrosa Venezuela de Chávez. Non son poucos os conflitos nos que nos posicionamos con Estados Unidos, para saír escaldados moralmente ou mesmo militar e economicamente. Tamén a nosa postura en Oriente Medio e especialmente o noso papel nas chamadas Primaveras Árabes, custáronnos vidas, a dos nosos soldados, pero tamén a de cidadáns inocentes que en Madrid, Londres, París ou Bruxelas pagaron unha vez máis co seu futuro a arrogancia e o desprezo dos dirixentes europeos pola voz do seu pobo, polo seu clamor contra calquera tipo de Guerra.
Non sempre é a voz da submisión a que nos pode chegar a avergonhar como europeos, en ocasións é tamén o noso silencio como poboo o que nos levou a perpetuar o crime e a crueldade no mundo. Consentimos a tolemia en Ruanda, Serra Leona ou Iemen, ignoramos o sufrimento saharauí e palestino e mesmo nos congraciamos cás ditaduras en América Latina, ninguén poderá esquecer a defensa sen concesións de Thatcher a Pinochet ou o compadreo do campechano cidadán Juan Carlos de Borbón con Videla durante a súa viaxe a Buenos Aires. Sóbrannos en definitiva motivos par avergoñarnos e realizar serio acto de constricción, pero aquí estamos unha vez máis, os espanhois os primeiros, facendo de novo o ridículo como pobo e o que é peor, abocando sen miramientos ao mundo ao bordo dunha desas cadeas de actos que adoitan rematar en tambores de guerra. Todo iso, unicamente por submisión ante o noso “socio” Estados Unidos.
Dános igual que o narcotráfico, a corrupción e o fanatismo se apodere de novo dos Balcáns, Apoiar abertamente a un goberno nazi en Ucraína ou sentarnos á mesa común coa onda de partidos e gobernos ultradereitistas que poboan o noso continente. Desde unha suposta superioridade moral que non tenho moi claro existise algunha vez, acusamos a Venezuela de non respectar os DDHH e facémolo mentres negociamos con Marrocos ou Libia enormes cárceres para migrantes, que chegado o día substitúan ás que hoxe os seguen engaiolando no noso propio chan, ignoramos o mercadeo de escravos en Libia, as ilegalidades en Ceuta e Melilla ou o auxe racista do fascismo en Italia. Mesmo temos as santas narices de outorgarnos premios á concordia mentres vemos como os perdedores do mundo afóganse a diario no Mediterráneo. Tampouco debemos esquecer que en chan europeo volveuse a asasinar a xornalistas por investigar ó poder, que existen presos políticos en Espanha ou que se reprime duramente a manifestantes en País. Non debemos esquecer especialmente, que os nosos exércitos, ó contrario que o venezolano, si bombardearon obxectivos civís en Libia, Siria ou Iraq.
Dá igual que levemos meses dicindo que Trump é un descerebrado e un tolo, que os seus principais socios na decisión de reconhecer a Guaidó como presidente fosen a Arxentina en banca rota de Macri, o Brasil fascista –parece que do mesmo xeito que sucedeu con VOX agora resulta que non tanto– de Bolsonaro ou a Colombia dos asasinatos impunes contra os líderes sociais e activistas. Ante a agresión contra o pobo de Venezuela, esquecemos o tema do muro e os nosos propios intereses, esquecémolo todo, para disponhernos reconhecer a un farsante como presidente lexítimo de Venezuela. Dannos igual as consecuencias, dános igual o que poida vir despois. Un servo débese ao final unicamente ao seu amo.