Victoria Portas. Experta en Seguridade social. Comisión legal COESPE e
Javier F. Ferrero. Director de Contrainformación e Nueva Revolución. Codirector de Encontro


O é un colectivo formado principalmente por mulleres con baixos salarios, condicións de seguridade e saúde no traballo lamentables e total ausencia de protección social. Segundo datos do sindicato UGT, o seu salario medio é inferior en máis dun 40 % ao do conxunto de traballadores e o gasto medio por fogar no pago do salario e a seguridade social do persoal doméstico reduciuse un 30% entre os anos 2006 e 2016.

Á hora de xubilarse, as empregadas domésticas reciben a pensión máis baixa de todo o sistema da Seguridade Social: 520,54 euros mensuais, e o 65 % das persoas beneficiarias precisan complementos a mínimos.

O informe do Movemento pola Defensa das Pensións Públicas (Modepen) “FENDA DE XÉNERO: A POBREZA TEN CARA DE MULLER” destaca ao servizo doméstico como a gran discriminación do sistema. O colectivo está copado maioritariamente por mulleres e, aínda sendo traballadoras, non se lles recoñece iguais dereitos como o resto de traballadores teñen recoñecidos na Constitución Española e o Estatuto dos Traballadores.

Hai que equiparar o sistema especial de empregadas de fogar e o réxime xeral da Seguridade Social, “torpedeado” de forma continuada polo PP desde o 2012. Modepen sinala que en decembro do 2018, finalizaba o período transitorio establecido para a equiparación do devandito sistema, pero unha emenda do Grupo Parlamentario Popular nos PGE conseguíu unha moratoria ata o ano 2024.

Co fin de avanzar na equiparación de dereitos laborais e de seguridade social e proceder á ratificación do Convenio 189 da OIT sobre traballo decente para traballadoras domésticas, Modepen demanda a derrogación nos PGE da moratoria do PP (emenda 6777).

Coa aplicación inmediata do acordo 189 da OIT, as traballadoras do servizo doméstico non estarían discriminadas respecto ao resto de traballadores, poderían optar a prestacións que hoxe non poden acceder como o subsidio de desemprego, as súas lagoas de cotización cubriríanse ao salario mínimo os primeiros 48 meses e ao 50% o resto, do mesmo xeito que no réxime xeral e non a cero euros como sucede na actualidade. Con iso afloraría aproximadamente un 60% de emprego que hoxe non cotiza.

Segundo o escrito do Movemento, esta discriminación supón ata unha redución da pensión dun 30%.

No texto de Modepen indícase que a discriminación da muller do servizo doméstico como traballadora é ANTICONSTITUCIONAL e insta os profesionais laborais que demanden ante as magistraturas o amparo do Tribunal Constitucional como traballadoras asalariadas con plenos dereitos.

Para lograr que este colectivo sexa equiparable ao resto de traballadores e traballadoras deste país, é importante lograr a igualdade de dereitos do servizo doméstico na Seguridade Social e é necesario impulsar o dereito a unha prestación por desemprego, ademais de garantir a protección efectiva fronte a toda forma de acoso, abuso e violencia no traballo.