A pobreza ten cara de muller: Prestación de viuvez, pensión a favor de familiares e prestacións non contributivas

Modepen solicita nun informe a unificación, a igualdade e a equiparación das pensións mínimas, sen discriminación de réxime nin sexo. Nin viuveces, nin Clases Pasivas, nin SOVI, nin prestacións a favor de familiares, nin non contributivas, nin maiores de 65 anos, todas con subida lineal e igual aos 1084 €, como marca a Carta Social Europea.