Victoria Portas. Experta en Seguridade social. Comisión legal COESPE e
Javier F. Ferrero. Director de Contrainformación e Nueva Revolución. Codirector de Encontro

A Seguridade Social eliminou todos os sesgos explícitos por cuestión de xénero e adoptou a mesma fórmula para os homes e para as mulleres no cálculo da prestación, polo que poderíamos chegar a pensar que homes e mulleres teñen os mesmos dereitos laborais.

Lamentablemente, as mulleres atópanse con maiores impedimentos na súa cotización á Seguridade Social. As mulleres traballadoras presentan traxectorias laborais máis curtas, suman menos días de cotización e bases de cotización máis baixas, acceden a traballos peor remunerados e, aínda, o motivo principal da maior descontinuidade da súa traxectoria laboral garda relación co abandono do emprego nas idades asociadas coa maternidade e o coidado dos fillos. No caso dos homes, a súa saída do mercado laboral ten lugar sobre todo en idades asociadas á xubilación. Esta diferenza na cotización por xénero produce o que se denomina “”.

Segundo se indica no último informe do Movemento pola Defensa das Pensións Públicas (Modepen) “FENDA DE XÉNERO: A POBREZA TEN CARA DE MULLER”, na actualidade dita fenda sitúase a nivel estatal en 37,35%. As mulleres perciben pensións de case 6000 euros anuais menos que os seus compañeiros homes.

O escrito de Modepen indica que esta fenda de xénero deriva en que, na práctica, os homes e as mulleres asumen distintas responsabilidades de ámbito familiar. A lóxica que se substrae do Sistema Público de Pensións é que premia a quen non se encontrou na tesitura de interromper a súa traxectoria profesional por atender á súa familia, penalizando así ás mulleres que son, na súa maioría, as que se dedican a un Traballo de marcado interese xeral e social.

O texto do Movemento lanza unha pregunta clave: se sobre as mulleres van continuar recaendo dun modo maior todo o traballo de coidados, como se evitará a toma de permisos/licencias, os traballos eventuais ou a tempo parcial que definen o emprego da muller? Non está o sistema potenciando un comportamento e ao mesmo tempo castígao despois?

Segundo a Resolución do Parlamento Europeo de xuño de 2017, a fenda de xénero é un reflexo da gran cantidade de desigualdades que experimentan as mulleres ao longo da vida e na súa carreira profesional, polo seguintes motivos que expón COESPE no seu informe:

  1. A fenda salarial: As mulleres menos remuneración =menos cotización = menos pensión.
  2. A modalidade contractual. Contrato parcial: case 70% de mulleres (menor estabilidade / menor cotización / menor pensión). Todo isto motivado pola conciliación familiar, coidado de fillos e fillas, das persoas maiores ou dependentes.
  3. A segregación ocupacional. Actividades de coidado, menos prestixiadas social e valoradas economicamente.
  4. A economía mergullada e o traballo no medio rural. Sectores ocupados na súa gran maioría que condenan á pobreza no presente e no futuro.
  5. Certas actividades con normativa específica. Empregadas do fogar
  6. Limitacións na promoción profesional. O teito de cristal: non promoción = non aumento de salario = non aumento cotización.
  7. Carreiras de cotización máis curtas. Interrupcións e saídas do mercado laboral: fillos, coidados familiares. Decisión voluntaria ou circunstancial?
  8. Medidas de conciliación vida laboral e vida familiar. Cobertura de cotización só dous primeiros anos. O 50% de redución horario laboral no 3º e 4º anos. Consecuencias negativas en futura xubilación ou incapacidade permanente.
  9. Coidado de familiares, só 1 ano.
  10. Cómputo de beneficios, se se suman (maternidade, coidado familiar) só 5 anos en total.

Do informe de Modepen pode extraerse como necesario, pois, cambiar a organización social para que todas as persoas, incluídas todas as mulleres, poidan manterse nos seus postos de traballo a tempo completo de maneira continua. Isto concederalles ingresos, dereitos laborais e pensións dignas, suficientes e en igualdade.