, Voceiro de EU , invitou a Cónsul de en Yahima Martínez a visitar Narón oficialmente, e continuar co traballo de estreitar os lazos culturais e as relacións económicas entre Cuba e Narón.

Abeledo transmitiu a nova Cónsul Xeral de Cuba, Yahima Martínez Millán, en Galiza, Asturias e Cantabria, o seu apoio na esixencia do levantamento do brutal e ilegal bloqueo a Cuba.

Dende EU Narón condenamos o bloqueo criminal de EEUU contra Cuba e exiximos o seu inmediato levantamento.

Unha vez máis a razón de Cuba venceu na ONU, unha vez máis Cuba venceu ao imperialismo, unha vez máis todos os países do mundo agás EEUU e Israel dixeron non ao ilegal bloqueo.

O Voceiro de EU Narón remarcou que o Pleno do noso consistorio xa aprobou dúas mocións presentadas por EU en apoio ao pobo cubano e contra o criminal e ilegal bloqueo que sufre Cuba, ditas Mocións serán entregadas por Abeledo a Cónsul durante a visita ao noso Concello.