SUNDAY 24 FEBRUARY 2019

Archivos por Mes: agosto 2018

El desarrollo eólico de proyectos como el Mouriños es incompatible con el turismo de calidad en zonas de alto valor paisajístico

Desde el mirador del Monte Branco, en Ponteceso (A Coruña), el paisaje está dominado por la Serra do Gontón, que ocupa un lugar predominante a nivel visual en el estuario del río Anllóns / Salvemos Cabana

El parque eólico planteado en la Serra do Gontón, que además no dejará ni un solo euro a las arcas públicas en concepto de canon de compensación ambiental, creará un impacto visual significativo sobre el estuario del río Anllóns y el mirador del Monte Branco, considerado como uno de los principales observatorios del paisaje del noroeste peninsular.

Esta zona de la Costa da Morte, que va de Ponteceso a Laxe pasando por Cabana de Bergantiños, que es el lugar donde pretende instalarse el proyecto, destaca por su elevado valor paisajístico y por una economía basada cada vez en mayor medida por el desarrollo del turismo rural y de naturaleza.

De hecho, y tal y como ya advirtieron tanto Salvemos Cabana como otras asociaciones durante el período de exposición pública, el área afectada por este proyecto de Naturgy se encuentra muy próxima a la Zona Especial de Conservación (ZEC) Costa da Morte, a la Zona de Especial Protección para las Aves (ZEPA) Costa da Morte Norte y tan sólo a 850 metros de la Important Bird Area (IBA) Costa da Morte, atesorando además una importante biodiversidad, dado que en esta costera se han llegado a registrar la presencia de más de 300 tipos de aves, que constituyen un reclamo más para el turismo nacional e internacional que cada año recibe la comarca.

EL ACTUAL MODELO DE DESARROLLO EÓLICO ES INCOMPATIBLE CON LA ACTIVIDAD TURÍSTICA SOSTENIBLE

La realidad es que el desarrollo eólico que ha fomentado el actual Gobierno del PP en la Xunta de Galicia es incompatible con un desarrollo sostenible y ordenado de la actividad turística, dado que el proyecto Mouriños pretende recalificar uno de los lugares más emblemáticos del paisaje gallego como suelo industrial, impidiendo además que la Serra do Gontón pueda formar parte de una futura ampliación de la Red Natura 2000.

Por otra parte, hay que recordar que este proyecto, que finalmente ha quedado integrado por 3 aerogeneradores de gran porte que alcanzan los 151 metros de altura total, dejará, en virtud de la Ley 8/2009, por la que se regula el aprovechamiento eólico en Galicia, cero euros en concepto de canon compensatorio, pero a cambio un impacto visual difícilmente asumible sobre el estuario del río Anllóns y el mirador del Monte Branco, considerado como uno de los grandes observatorios del paisaje a nivel gallego.

A Xunta nega investimentos a infraestruturas dirixidas a persoas con diversidade funcional

Xosé Lois Jácome

A parcela, ten como obxectivo a construción dun centro de atención integral para persoas con parálise cerebral.

Que un Concello, ceda solo municipal, para unha asociación de estas características, entra dentro non só do normal, senón dentro do desexable.

O financiamento para a construción de este centro, correrá ao cargo da Fundación Amancio Ortega. Non é intención (nesta ocasión) de falar da idoneidade ou non deste tipo de doazóns, e dos auténticos obxectivos que se buscan cos titulares de prensa, que ben seguro, chegarán cando sexa a inauguración, senón antes, trátase de poñer o foco onde, na miña opinión como traballadora do sector por máis de 16 anos e tamén como delegada de persoal, debe estar. Nomeadamente, na Consellería de Política Social da Xunta de Galiza.

A Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, non deixa lugar a dúbidas, as administracións públicas desenvolverán as actuacións necesarias para a coordinación da atención de carácter social e sanitario, de forma efectiva e eficiente, (…) e promoverán as medidas necesarias para favorecer o acceso das persoas con diversidade funcional aos servizos e prestacións en condicións de igualdade co resto da cidadanía. A competencia de esta Lei, está transferida ao noso país, e evidentemente a responsabilidade é da Consellería. Mais nunha táctica, xa coñecida por todas nós, Rey Varela, tomando exemplo das mesmas técnicas que se dan na sanidade, ou na educación, nega calquera tipo de investimento en infraestruturas e deita esa responsabilidade nas asociacións, que vense obrigadas a buscar “mecenas” ou afundir a súa economía, xa bastante precaria, con créditos que poñen en perigo o seu futuro, o futuro dos e das usuarias e por suposto, a estabilidade laboral das traballadoras.  Non esta de máis lembrar, que a maior parte de estas asociacións de nais e pais, naceron durante o franquismo, ante a absoluta ineficacia da ditadura en materia de atención ás persoas con diversidade funcional, e que moitas delas funcionan a través de asembleas que escollen directamente as súas xuntas directivas. O funcionamento de moitas é francamente mellorable, mais, que organización asemblearia non ten marxe de mellora? que organización asemblearia non ten problemas de participación no día a día? Moitas nais e pais ante a situación na que vivían as súas fillas/os, xuntáronse, fixeron recadacións e con moitos sacrificios, conseguiron iniciar un camiño, que nalgúns casos dura xa máis de 50 anos, sacaron a duras penas ás persoas con diversidade funcional das súas casas e conseguiron moitísimos obxectivos, tanto na mellora da calidade de vida de esas persoas como das súas familias, alén, dun traballo de visibilización e normalización digno de resaltar. Agora mesmo, estas asociacións funcionan baixo a modalidade de contrato coa Consellería de Benestar, é dicir, reciben ingresos por cada praza, facendo un traballo, que realmente debería estar levando a cabo a Xunta de Galiza.

A situación actual, é dunha falta de prazas residenciais na nosa cidade, xa endémica, que trae como consecuencia que moitas familias, polo proceso de avellentamento, tanto da persoa con diversidade funcional, como das propias persoas que exercen a tarefa de coidados no fogar, cando chega o momento inevitable, no que xa non poden exercer esa función con garantías, vense obrigadas á busca dunha praza residencial. E a situación actual é que a Xunta, ofrece prazas en Lugo, ou en Ourense (se hai moita sorte) co proceso de desarraigo que iso supón nas familias.

Non pasa só co caso de Amencer na nosa cidade, dou por feito que pasa en todo o país.

É que sucede cando non aparece un “mecenas”? pois que con sorte cedese unha infraestrutura, que xa non sexa de interese para a administración e cargase na asociación que toque a súa reforma. Así sucedeu coa asociación Aspanaex, que ante a urxente necesidade dunha residencia, a administración, cedeulle o edificio do centro de saúde de Coia. Mátanse así, no caso polo menos de Vigo, dous paxaros dun tiro, por un lado quédase ben sen gastar cartos, e polo outro, dificúltase a reversión de equipamentos á sanidade pública que presta atención a todas e todos, no caso que (de momento parece improbable), un futuro goberno rache coa tendencia neoliberal e de liquidación do Estado de protección e benestar. Iso si, da reforma do edificio, por unha contía millonaria, tense que responsabilizar a propia asociación.

É imprescindible, neste punto, dicir que unhas instalacións adecuadas son moi importantes para unha atención adecuada a persoas con dificultades varias. Mais tamén é imprescindible  dicir que a atención de calidade non as dan as instalacións. Os coidados dignos e de calidade os dan as persoas traballadoras, que por norma xeral no sector da diversidade, e en calquera sector relacionado cos coidados, malviven con salarios de miseria, cos que é imposible establecer un proxecto de vida independente, con horarios excesivos e cargas de traballo que son responsabilidade directa da administración e que son excesivas debido á proporción traballadora-usuaria. Estas proporcións, non están pensadas para unha boa atención, senón para unha atención meramente asistencial e que aforre cartos de xestión, cartos que posteriormente son usados en cousas máis importantes que as persoas, ben sexa rescate de bancos ou autoestradas ou publicidade institucional que lave a imaxe do goberno de quenda.

Non hai “mecenas” para gastos continuados de persoal. Esas doazóns só darían un titular, moitos gastos periódicos e ningún retorno de lavado de imaxe de eses “mecenas” que ao mesmo tempo que financian a construción dunha residencia, deixan que as súas traballadoras en Bangladesh morran queimadas vivas nos seus talleres por 28 euros ao mes.

Non existe solución ao traballo dos coidados que non pase por unha intervención decidida do Estado. Os coidados, ben sexan médicos, á terceira idade ou á diversidade, teñen que ser públicos ao 100%, sen matices e sen atallos de colaboración público-privada que sempre acaban coas mesmas vítimas, traballadoras e usuarias. É urxente, tal e como reclaman os sindicatos de clase, o tránsito de toda atención ás persoas ao sector publico. É urxente que dunha forma contundente as organizacións de esquerdas reclamen unha intervención decidida do Estado na economía e un cambio no sistema económico, deixando de lado a falacia da economía especulativa, por irreal, e o centralismo da economía dos coidados. Precisamos xa unha economía feminista.

En Marea e BNG formalizan a petición da comisión de investigación sobre o sucedido no Marisquiño

En Marea pediu formalmente no Parlamento de Galicia a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñéz Feijóo, para que explique a responsabilidade da Xunta de Galicia no acontecido co afundamento da infraestrutura do porto de Vigo na celebración do festival O Marisquiño, na que se rexistraron cerca de 500 feridos. En Marea pide a dimisión do actual presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, tralas declaracións autoexculpatorias e sinala que a responsabilidade das autoridades portuarias de ámbito autonómico e das súas instalacións son responsabilidades da Xunta de Galicia. Ao tempo, En Marea, co apoio do BNG, presentou a petición formal de comisión de investigación no Parlamento de Galicia.

Luís Villares explicou que tanto a petición da comisión de investigación como a da comparecencia do presidente da Xunta no Parlamento de Galicia responden “á gravidade da situación e a inhibición completa que está facendo o goberno autonómico das súas responsabilidades”. O voceiro de En Marea sinalou que as palabras do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, demostran cal é o sistema de funcionamento do goberno do PP e dos cargos nomeados por este. “Non facer caso das necesidades da xente, agachar a cabeza botarlle a culpa aos demais”.

En Marea pide a dimisión de Enrique López Veiga pola súa “actitude infantil e o seu escapismo” e considera que se este presidente nomeado polo goberno do Partido Popular non asume asume a súa responsabilidade “debe ser quen o nomeu que o cese de xeito inmediato”. Luís Villares apunta a que a intención de López Veiga de responsabilizar por completo á organización do festival “non é máis que a negativa a asumir a súa responsabilidade porque incluso nunha lei tan mala como a de espectáculos queda claro que as situacións que non están á vista non poden ser responsabilidade da organización”

Por todos estes motivos e tamén pola gravidade dunha situación que afectou a máis de 500 persoas sin que haxa unha resposta clara por parte das administracións, En Marea solicitou a comisión de investigación no Parlamento de Galicia e, na mesma sede, a comparecencia do presidente da Xunta. Ademais das decisións xudiciais que sexan tomadas no seu día, En Marea entende que hai outro tipo de responsabilidades que deben ser estudadas e deben ter consecuencias, entre outras cousas, como explicou Luís Villares “temos a responsabilidade de que isto non volva a suceder no mesmo Vigo ou en calquera dos espazos portuario de ámbito autonómico”.

Na petición conxunta para a comisión se explica que: “Segundo informacións que se fixeron públicas, tanto a Autoridade Portuaria como o concello de Vigo tiñan coñecemento das deficiencias que presentaba este paseo de madeira, e a base de ferro e formigón sobre a que esta se construíra, e así e todo permitiron e autorizaron a celebración dun evento multitudinario neste emprazamento.

Estamos ante uns feitos extraordinariamente graves polo elevado número de vítimas, polos danos físicos e psicolóxicos que se produciron, e pola alarma e impacto social que se xerou. E malia á enorme gravidade dos feitos, estamos a asistir a un espectáculo lamentábel de cruce de acusacións por parte das administracións, unha desafortunada liorta que é continuación de desencontros e enfrontamentos na xestión deste espazo portuario de uso público.

Ante a gravidade desta situación, e máis alá da actuación e das competencias dos órganos xudiciais e administrativos, cómpre que o parlamento galego sexa sensíbel diante dun tema de grande transcendencia pública. Tanto as vítimas como o conxunto da sociedade galega merecen saber o que pasou e quen son os responsables do acontecido”.

Compromiso por Galicia solicita unha fronte común das administracións no conflicto social de Sargadelos

É unha obviedade decir que o que acontece en Sargadelos transcende da esfera do meramente industrial ou empresarial. Aínda que esa é a liña de defensa do empresario e de algún político, dende CxG entendemos que á opinión pública non lle cola.

O actual Sargadelos é o proxecto e a ilusión de dous galeguistas recoñecidos, Seoane e Díaz Pardo, un traballo en prol do País que non pode caer no esquecemento e no  circo no que se está a converter. Poren dende Compromiso imos facer o posible para parar esta desfeita. Imos actuar en distintas frontes co fin de salvagardar un Patrimonio que é de todos os galegos e galegas. Polo que demandamos:

  • ACTUACIÓN DA INSPECCIÓN DE TRABALLO E DO MINISTERIO:

Diante das graves declaracións públicas do “Consejero Delegado”, coa ameaza de despidos e vulnerando dereitos fundamentales dos traballadores, CxG vai solicitar a tutela da Inspección de Traballo, co galo de garantir a protección dos Dereitos dos traballadores na situación de conflicto social que se vive.

  • POSIBLE APLICACIÓN DA LEI CONCURSAL:

Entendemos dende CxG que diante dunha non aplicación do convenio colectivo e tendo en conta que se adeudan salarios á masa social e polo tanto á Seguridade Social dende o Ministerio de Traballo se ten que promover unha administración concursal que vixie o cumprimento da lei. So fai falla vontade política no Estado e no PSOE.

  • ACTUACIÓNS DIANTE DA UE:

O equipo de CxG en Bruxelas, coa Eurodeputada Izaskum Bilabao, presentará na Comisión e outros órganos interpelacións relacionadas coas posibles axudas recibidas por Sargadelos e a súa xestión e exporá os grupos políticos a actuación da dirección.

  • PLENO EXTRAORDINARIO EN CERVO:

Diante da pasividade das forzas políticas representadas en Cervo: BNG, PSOE e PP. CxG vai rexistrar unha petición para a celebración dun Pleno Extraordinario para que a Corporación tome o acordo de demandar da Dirección o cumprimento da Lei e o respeto os dereitos fundamentais dos traballadores.

Sargadelos é historia de Galicia, é Cultura e forma parte da identidade de Galicia como nación e como pobo. Non se pode aplicar neste senso a lóxica da empresa privada. Sargadelos vai máis aló, e tamén temos que ter en conta o importante esforzo das Administracións por manter este legado con axudas e promocións a esta empresa.

Segismundo García veu a decir públicamente que se ten que ir o cárcere por un conflito cos sindicatos, vai encantado. Vergoñentas declaracións no S.XXI, a cárcere vaise se non se cumpre a Lei, compre aclarar esta situación.

Por outra banda denunciamos a actitude cobarde do Alcalde de Cervo, pedindo entendemento e lavandose as máns. Sr. Villares un alcalde o que ten que pedir e que se cumpra a Lei e defender os veciños do seu concello, hoxe en Sargadelos moitos están vendo vulnerados os seus dereitos e principios.

Podía o Sr. Alcalde aforrar a foto para non decir nada.

O concello de Touro inicia obras de canalización do Río Portapego sen autorización de Augas de Galicia, denuncia Aldea Viva

O concello de Touro pretende canalizar un tramo do río Portapego, para o que solicitou autorización a Augas de Galicia, e cuxo expediente se atopa actualmente en período de información pública e en prazo de alegacións, que remata o vindeiro 28 de agosto.

Pero o concello de Touro, facendo caso omiso á lei de augas e para sorpresa da veciñanza, comezou este luns día 20 as obras no río Portapego sen a preceptiva autorización de Augas de Galicia e faltando unha semana para rematar o período de alegacións ás obras.

As obras comezaron co tapado do leito augas arriba do tramo a canalizar para o que utilizaron material de escavación; isto provocou o rebordamento das augas polas rúas do núcleo urbano de Fonte Díaz, ao tempo que deixaron sen caudal o leito natural augas embaixo.

A asociación Aldea Viva vén de poñer os feitos en coñecemento de Augas de Galicia instando a que actúe ao respecto e se repoña o caudal ao río.

Fai unha semana a asociación Aldea Viva deu a coñecer un informe de Augas de Galicia relativo ao expediente de autorización desta obra ao tempo que fixo público que presentarían alegacións ás obras, por entender consonte ao informe de Augas de Galicia, que os problemas no río Portapego son causados polas actuacións nos terreos da mina.

Este colectivo afirmaba que debe ser o propietario dos terreos mineiros, Explotaciones Gallegas, quen acometa na súa propiedade as actuacións necesarias para evitar a contaminación e os arrastres de materiais que entullan o Portapego; ao tempo que sosteñen que as obras pretendidas polo concello non solucionarán o problema.

Para Aldea Viva é un feito gravísimo que sexa a propia administración, local neste caso, quen incumpra as autorizacións previas, e como tal considera que o alcalde Ignacio Codesido (PP), ou en quen delegara, queda deslexitimado para o desempeño das funcións do seu cargo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies