SUNDAY 24 FEBRUARY 2019

Archivos por Mes: abril 2018

Familias de Nicaragua melloran a produción de alimentos co método biointensivo

Os municipios de Totogalpa, San Lucas e Las Sabanas, ubicados no corredor seco de Nicaragua, afrontan serios problemas para asegurar a alimentación das familias rurais, debido á variabilidade climática, los riscos de seca e as malas prácticas ambientais.

Unhas 120 familias, de 31 comunidades, teñen maior acceso e dispoñibilidade de alimentos dende o 2017, a través dos hortos biointensivos que promoven Amigos da Terra e o Instituto de Promoción Humana de Somoto (INPRHU-Somoto) en Las Segovias.

O método de agricultura biointensiva é unha alternativa agroecolóxica que permite aumentar a diversidade, cantidade e calidade de alimentos, os cales proporcionan calorías e vitaminas para a dieta, así como cultivos de carbono que recuperan e fertilizan os solos.

Co proxecto as familias lograron diversificar a súa dieta alimenticia coa inclusión de máis de 10 novos cultivos, como a cebola, o tomate, chiltoma, camote, papa, pepino, yuca, xirasol, xamaica, canavalia, leituga ou frijol pisul.

Os pequenos productores e produtoras que implementan o método, foron apoiados con cercado perimetral, machetes, kits de xardinería, sachos, cintas métricas, forcas ou palas; ferramentas que facilitan a ampliación, mantemento e o manexo das hortas establecidas nunha área de 30 metros cadrados.

So o 36% dos hortos establecidos dispón de sistemas de rego por goteo, unha tecnoloxía que permite producir con pouca auga durante máis tempo e en máis ciclos produtivos; algo fundamental durante os periodos críticos de baixas precipitacións. É dicir, logran producir máis alimentos con menos auga.

Máis de 267 mil euros financiados pola Xunta de Galicia e a AECID están sendo destinados á mellora das condicións socioeconómicas de produtores/as e apicultores/as, implementando procesos de produción innovadores e ambientalmente eficientes. No que resta de ano, seguiremos traballando nos municipios de Mozonte, Santa María (Nueva Segovia), Somoto (Madriz), Limay e Estelí (Estelí).

Aldea Viva insta a medio ambiente a cumprir as súas obrigas e coñecer que residuos se verten nos terreos da mina de Touro

Dende residuos de ENCE, a contedores de chapapote do Prestige, residuos urbanos e vertedoiro “municipal”, ou até o intento de enterramento de reses mortas durante a crise das vacas tolas, os terreos da antiga mina de Touro parecen dar cabida a todo aquelo que noutro sitio non interesa.

Co tempo acabaron instalándose aí empresas como Tratamientos Ecológicos del Noroeste S.L. (TEN) e outros operadores que se autodenominan “empresas de valorización”, que entre outros producen os denominados “tecnosoles”.

A día de hoxe, calquera que se achegue ás extensas áreas da antiga explotación mineira nas que se depositan os “supostos tecnosoles” pode atopar a simple vista nesa mestura todo tipo de restos plásticos ou envases mesmo de medicamentos. En épocas de choiva os lixiviados destes materiais aos ríos é constante; e os cheiros permanentes.

Aldea Viva vén de presentar un escrito dirixido á Consellería de Medio Ambiente, para que requira á empresa TEN, S.L. e aos demais operadores a documentación que acredite, a través dos seus libros e rexistros, os residuos que depositaron na zona; facendo mención ao Decreto 59/2009 da Xunta de Galicia, polo que se regula a trazabilidade dos residuos, e que obriga aos xestores de residuos que realicen operacións de almacenamento, valorización ou eliminación, a levar un rexistro documental dos residuos producidos e/ou xestionados.

Aldea Viva tamén lembra á Consellería de Medio Ambiente a Lei 22/2011 de Residuos, que establece os principios da política de residuos e a protección da saúde humana e o medio ambiente por parte das autoridades, para que non se xeren riscos para as augas, o aire, o solo, nin se causen incomodidades por malos olores ou ruídos.

 Neste contexto, e tendo en conta que segundo os propios datos das empresas, estas recepcionan milleiros de toneladas de residuos e de que se están substanciando xa varias denuncias, a Administración medioambiental galega, competente en materia de vixilancia e control, debera inspeccionar a zona de vertido dos residuos e comprobar se se están a cumprir as obrigas dos xestores relativas ao almacenamento, mestura e envasado dos mesmos, (artigos 18 e 20 da Lei 22/2011), e que así mesmo, se aplique no seu caso o réxime sancionador ao abeiro da Lei 26/2007 de Responsabilidade Medioambiental e cos principios de que “quen contamina, paga”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies